Obradoiro: SSH e identidade confiable? Sí, pero…

15:10 - 17:40

Sala 8 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)
Caducado
Imaxe

 

Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuita e está dispoñible nesta ligazón:

INSCRICIÓN

SSH (Secure Shell) é o estándar de facto para a administración remota de equipos Linux. Neste caso, como se xestiona a identidade?

No obradoiro abordarase, desde un punto de vista defensivo e ofensivo, a xestión da identidade en SSH:

  • Os distintos métodos de autenticación que contempla SSH, os seus puntos fortes e débiles.
  • As medidas de protección que se poden implementar para facer a autenticación máis robusta e confiable.
  • As malas prácticas que se atopan en organizacións e que poden converter este servizo nunha vía de acceso inicial aos sistemas ou de escalada de privilexios e persistencia, a pesar de empregar autenticacións consideradas seguras, como as claves públicas.
  • Mecanismos de monitorización para detectar o abuso do servizo SSH.

 

Este obradoiro está dirixido a persoal técnico ofensivo como defensivo

As persoas participantes deberán acudir cun portátil con software de virtualización Virtualbox e polo menos 8GB de RAM.

É necesario dispoñer de coñecementos de virtualización de sistema e manexo básico de sistemas Linux

Días antes do obradoiro proporcionarase aos asistentes instrucións e unha máquina virtual sobre a que traballar ao longo do obradoiro

 

Obradoiro impartido por: Manuel Regal, Xefe do departamento de informática e comuinicacións do IES San Clemente

Información relacionada