Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros (Ribeira)

Imaxe

10:00 - 13:00

Centro Cultural Lustres Rivas. Rúa Manuel Lustres Rivas, 20 (Ribeira)

«Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros» é unha experiencia que combina o visionado dun documental cunha sesión formativa posterior na que exploraremos os retos do mundo dixital actual.

A través desta actividade achegarémonos de forma clara e práctica a cuestións clave como a privacidade, a desinformación, a seguridade en liña ou o uso responsable da tecnoloxía para entender mellor como nos afecta no día a día.

Unha proposta pensada para axudarche a navegar con máis criterio, seguridade e conciencia. 

Esperamoste!