Todo o día
O programa aborda os retos expostos desde o punto de vista normativo na elaboración de disposicións de carácter xeral que inciden no tratamento de datos persoais e as deficiencias apreciadas nas principais medidas de responsabilidade proactiva como son a actuación dos DPD, a realización de avaliacións de impacto e as notificacións de brechas de seguridade.
Abordaranse as importantes deficiencias para alcanzar o obxectivo da irreversibilidade dos datos identificativos e as modificacións normativas propostas nos procedementos de tramitación de reclamacións e unha referencia ás novas iniciativas para impulsar a mediación a través de organismos de supervisión códigos de conduta. Avaliaranse os novos retos tecnolóxicos na privacidade das iniciativas de metaverso, o tratamento de datos biométricos e os neurodatos.
Así mesmo, abordaranse as implicacións que xera o desenvolvemento de espazos de datos, así como os principais desenvolvementos en materia de protección de datos a nivel internacional.
Modalidade: Presencial