Rectorado Universidade A Coruña. R/ da Maestranza, 9. 15001 – A Coruña
O Congreso Internacional de Privacidade APEP é o evento de referencia para os profesionais da protección de datos e a privacidade en España. Durante dous días compartimos un programa completo de intervencións, mesas redondas e actividades para:
- Aprender dos mellores expertos: explorar os últimos avances, tendencias e desafíos na protección de datos na súa confluencia coa intelixencia artificial.
- Compartir coñecementos e experiencias: intercambiar ideas e boas prácticas con compañeiros de todos os contornos.
- Anticipar: tendencias, novidades e riscos que nos afectan directamente no noso desempeño.
- Fortalecer a comunidade: gozar de momentos únicos nun ambiente profesional e enriquecedor.
O Congreso APEP é un dos foros máis relevantes para reflexionar sobre o futuro da privacidade, conseguir inspiración e e construír conexións duradeiras nun contorno distendido e próximo.