XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos – Xornada de Ciberseguridade

10:45 - 14:00

Cidade da Cultura de Galicia – Sala Eisenman, Santiago de Compostela

A xornada de ciberseguridade do XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos abordará os principais retos e oportunidades da ciberseguridade para empresas e institucións, con especial atención á Directiva NIS2, ás pemes e á ciberseguridade como factor de competitividade.

Os laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia participarán na xornada mediante a mesa redonda sobre ciberseguridade e a realización de visitas ás súas instalacións.

Axenda:

  • 10:45 – 11:15 h | Charla de ciberseguridade: Transposición NIS2 - Carla Zibreira, Lynx Sentry
  • 11:15 – 11:45 h | Pausa café
  • 12:15 – 13:00 h | Mesa redonda sobre Ciberseguridade
    Modera: Norberto Penedo, Director de Competitividade do IGAPE
    • Iago Fortes, CEO de Inprosec
    • María Rodríguez, Directora de Estratexia de Telefónica
    • Luis Valente, SONAE MC
    • Luis Antunes, Universidade do Porto
  • 13:00 – 13:15 h | Presentación do organizador do XX Encontro Ibérico
  • 13:15 – 13:30 h | Clausura
  • 13:30 h | Viño galego

Máis información, programa e inscricións: ligazón á páxina oficial da APTE.