Amtega coa colaboración da Rede CeMIT impulsa un novo ciclo formativo para alertar dos perigos do nadal e das compras en liña

Imaxe

Este novo ciclo formativo achegará á cidadanía recomendacións prácticas para facer fronte aos principais riscos de ciberseguridade asociados ao Nadal e ás compras en liña. Ao longo das sesións abordaranse situacións cada vez máis habituais, como as estafas relacionadas co Black Friday e as compras en Internet, os falsos sorteos e promocións, as mensaxes fraudulentas ou as páxinas web creadas para enganar ás persoas usuarias. Co obxectivo de aprender a identificar estes sinais de alerta e coñecer pautas sinxelas para mercar e navegar de forma máis segura, a Amtega coa colaboración da Rede CeMIT poñen en marcha o novo ciclo formativo «Prepárate para un nadal ciberseguro».

A través dun enfoque práctico e accesible, as persoas participantes coñecerán os principais riscos que poden xurdir durante o período de Nadal, especialmente no contexto das compras en liña, as promocións e as ofertas que se multiplican nestas datas.

Ao longo desta formación abordaranse situacións habituais como o Black Friday, as falsas ofertas e promocións, os sorteos fraudulentos, as tendas en liña falsas ou as mensaxes relacionadas con pedidos e entregas. Tamén se explicarán as principais técnicas empregadas para enganar ás persoas usuarias e ofreceranse recomendacións para realizar compras de forma máis segura, comprobar a fiabilidade das páxinas web e evitar fraudes.

No que vai de ano xa se impartiu unha primeira quenda de obradoiros, coa temática de “Uso seguro do móbil: configuración e protección”. En total impartíronse 22 sesións, para cerca de 300 usuarios participantes.

As sesións celebraranse de maneira presencial en diferentes aulas da Rede CeMIT, xa dispoñibles para a súa inscrición.

 

AULA PROVINCIA DATA HORARIO ENLACE DE INSCRICIÓN
CeMIT Ponteareas Pontevedra 28/10/2026 16:30-18:00 https://cemit.xunta.gal/es/centros/ponteareas
CeMIT Vigo Pontevedra 30/10/2026 10:00-11:30 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56407
CeMIT Pontevedra Pontevedra 12/11/2026 10:00-11:30 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56402
CeMIT Vimianzo A Coruña 16/11/2026 17:00-18:30 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56616
CeMIT Betanzos A Coruña 16/11/2026 10:00-11:30 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56329
CeMIT Cerceda A Coruña 16/11/2026 10:00-11:30 https://cemit.xunta.gal/es/centros/cerceda
CeMIT Abegondo A Coruña 17/11/2026 10:30-12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56414
CeMIT O Vicedo Lugo 18/11/2026 16:00-17:30 https://cemit.xunta.gal/gl/centros/o-vicedo
CeMIT Vilagarcía Pontevedra 19/11/2026 10:30-12:00 https://cemit.xunta.gal/gl/centros/vilagarcia
CeMIT San Sadurniño A Coruña 24/11/2026 11:00-12:30 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56612
CeMIT Campo Lameiro Pontevedra 25/11/2026 10:00-11:30 https://cemit.xunta.gal/es/centros/campo-lameiro
CeMIT Ortigueira A Coruña 25/11/2026 10:30-12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56611
CeMIT Fisterra A Coruña 26/11/2026 10:30-12:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56360
CeMIT Celanova Ourense 27/11/2026 11:00-12:30 https://cemit.xunta.gal/gl/centros/celanova
CeMIT Ribeira A Coruña 27/11/2026 12:00-13:30 https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira
CeMIT Guitiriz Lugo 27/11/2026 10:15-11:45 https://cemit.xunta.gal/es/centros/guitiriz
CeMIT Riotorto Lugo 27/11/2026 17:00-18:30 https://cemit.xunta.gal/es/centros/riotorto
CeMIT Valga Pontevedra 01/12/2026 10:00-11:30 https://cemit.xunta.gal/es/centros/valga
CeMIT Catoira Pontevedra 01/12/2026 12:00-13.30 https://cemit.xunta.gal/gl/centros/catoira
CeMIT Leiro Ourense 02/12/2026 10:30-12:00 https://cemit.xunta.gal/gl/centros/leiro
CeMIT Porriño Pontevedra 04/12/2026 11:00-12:30 https://cemit.xunta.gal/es/centros/o-porrino
CeMIT Coruña (Eirís) A Coruña 04/12/2026 10:00-11:30 https://cemit.xunta.gal/es/centros/coruna-centro-civico-de-eiris
CeMIT O Barco Ourense 14/12/2026 12:00-13:30 https://cemit.xunta.gal/gl/centros/o-barco
CeMIT Boiro A Coruña Próximamente   https://cemit.xunta.gal/gl/centros/boiro
CeMIT Tui Pontevedra Próximamente   https://cemit.xunta.gal/gl/centros/tui