Crecen un 57% os ciberataques a menores a través de videoxogos en 2022

Imaxe

A técnica máis estendida foi a utilización de páxinas web falsas (phishing) que imitan as de videoxogos como Roblox, Minecraft, Fortnite ou Apex Legends; detectáronse preto de 900.000 páxinas deste tipo en 2022. Cando se accede a elas, téntase descargar software malicioso no equipo. 

A enxeñería social utilízase neste caso para convencer aos menores, mesmo para que desactiven as solucións de seguridade que protexen o dispositivo. Ofértase a descarga ‘gratuíta’ de xogos, ou trucos para mellorar o desempeño nos xogos

Moitos menores utilizan os dispositivos dos seus proxenitores para acceder a estas páxinas, co que poden poñer en risco as súas credenciais e mesmo os seus datos bancarios. 

Información relacionada