Desmantelada a infraestrutura dun grupo de ransomware responsable de máis de 1000 ataques en todo o mundo

Imaxe

Unha operación internacional, coordinada por EUROPOL e na que participaron axentes da Policía Nacional, logrou desmantelar a infraestrutura dun grupo de ramsomware responsable de máis de 1000 ataques de roubo e cifrado de datos por todo o mundo. Co nome de ALPHV/ Blackcat estaba considerado un dos grupos ransomware máis activos e perigosos e afectou a empresas do sector público e privado, operadores de transporte, universidades, televisións, axencias de investigación e laboratorios técnicos. O grupo criminal utilizaba medidas de seguridade moi sofisticadas e para evitar a súa identificación por parte das autoridades policiais recrutaba colaboradores aos que denominaba “afiliados” para lanzar os ataques e negociar o posterior rescate de datos.

A investigación, que continúa aberta, iniciouse en xaneiro de 2022 e contou coa participación de corpos e axencias de seguridade especializadas en delincuencia altamente tecnificada de oito países: Estados Unidos, Alemaña, Dinamarca, Canadá, Australia, Reino Unido, Suíza e España.

En España acreditáronse máis de 20 vítimas. Os investigadores estiman que ALPHV/ Blackcat obtivo beneficios millonarios provenientes dos pagos das vítimas, efectuados en criptomonedas, para recuperar os seus datos.

Información relacionada