O experto en ciberseguridade Nacho Álvarez expón os riscos da rede nunha formación na Coruña

Imaxe

Nacho Álvarez, responsable de formación e concienciación de Govertis (Telefónica), estivo impartindo durante o mes de outubro unha formación en ciberseguridade dirixida ao persoal do Concello da Coruña e enmarcada nun acordo marco coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Nesta entrevista comenta a experiencia e a importancia de definir as claves da relación dixital entre a cidadanía e as administracións públicas.

Álvarez destaca o dobre obxectivo da formación: “contextualizar a relevancia da información e a súa protección e dar a coñecer as técnicas de engano nos procesos dun ciberataque”. Este curso é eminentemente práctico e céntrase nos mecanismos de detección e prevención da ciberdelincuencia. “De pouco serve a instalación e aplicación das mellores solucións técnicas de seguridade se non temos capacitadas debidamente ás persoas que as utilizan directamente e ás persoas que gozan dos seus servizos”, comenta Nacho Álvarez. Neste sentido, destaca o “ambicioso programa de formación da Xunta de Galicia, centralizado no espazo ciberseguradadegalicia.gal” e con iniciativas como o encontro CIBER.gal, “cunha lista de relatores de primeiro nivel centralizada na comunidade educativa”.

Podes ler a entrevista completa na ligazón referenciada abaixo.

Información relacionada