O día 15 de setembro ás 13:00 h. termina o último prazo para inscribirse nos cursos de especialización de Formación Profesional que aínda dispoñen de prazas; a información actualizada sobre prazas dispoñibles pode consultarse aquí.
Entre eles pódese atopar a especialidade de ‘Ciberseguridade en contornos dás tecnoloxías de operación’ nos seguintes centros:
*Eses datos corresponden ao día 12 de spetiembre de 2023, recoméndase consultar as prazas dispoñibles a través da ligazón indicada con anterioridade.
Para matricularse nun curso de especialización con prazas dispoñibles (liberadas) a única condición é cumprir algún dos requisitos de acceso para o curso correspondente segundo o establecido no Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o curso de especialización teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada empregando o modelo dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-cursos-especializacion-2023-2024.