Esta xornada proporciona unha visión xeral do Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR), os seus principios e obrigacións, e analiza a súa relación co Esquema Nacional de Seguridade (ENS) e a Directiva NIS2 en materia de ciberseguridade e cumprimento normativo.
Este curso proporciona unha visión xeral do que é a seguridade da identidade na actualidade, como evolucionou como disciplina a partir dos marcos de xestión de identidades e accesos (IAM) e gobernanza e administración de identidades (IGA), e describe o que podemos anticipar da próxima xeración de seguridade de identidades para as organizacións.
O obxectivo deste seminario é presentar diferentes alternativas para a interconexión segura de redes a través de Internet. Para isto presentarase a tecnoloxía IPsec e amosarase como configurala en routers Cisco, plantexando diferentes alternativas.
Neste seminario abordásese as tecnicas de hardening en servidores Linux, e boas practicas de seguridade en contornas linux
O relator será Alberto García, instrutor certificado en Linux, con máis de 20 anos de experiencia no mundo IT e máis de 15 anos como instrutor en Linux.
Ata o 13 de abril estará aberto o prazo de inscrición para a segunda edición do curso de Xestor Certificado de Seguridade da Información. O curso está dirixido a conseguir a certificación CISM, certificación líder recoñecida internacionalmente para xestores de seguridade da información emitida pola entidade certificadora ISACA.