Como protexer a miña PEME fronte ós ciberataques?

19:00 - 20:00

Salón de Actos da Deputación de Lugo - Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo
Caducado
Imaxe

Nos últimos tempos incrementáronse sustancialmente os ciberataques nas empresas, independientemente do seu tamaño e a súa actividade. Ante esta situación, resulta cada vez máis preciso coñecer as pautas básicas de protección ante os ciber riscos, as claves para protexer os datos da organización, así como os medios aos que recorrer, tanto para evitalos como no caso de sufrilos. 

Esta actividade conta con dous obxectivos fundamentais. Por unha parte, dar a coñecer os principais tipos de ciber ataques e cómo evitalos, por outra; amosar as principais fontes de información no campo da seguridade da información das cales facer uso ante calquera dúbida.

Nesta xornada abordaranse, dende un punto de vista práctico, ambos temas, incluíndo un espazo ao final da exposición adicado ás preguntas por parte dos asistentes.

Desenvolvemento da xornada:

18:45h: Recepción de asistentes

19:00h: Benvida - Deputación de Lugo

19:05h: Relatorio - José Luis Extremeiro, Cloud Architect, Cloud Admin, CTO en Computer-3

  • Cáles son as amenazas e os ataques máis habituais e como protexernos.
    • Ataques ás contrasinais.
    • Ataques de suplantación de identidade.
    • Ransonware.
  •  A conciención como ferramenta de prevención.
    • Incibe.es
    • Osi.es
    • CCN
  • Resolución de dúbidas dos asistentes

20:00h: Fin da xornada