Concurso Capture The Flag – Patrocina: Gradiant

16:00 - 19:00

Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Fontán.
Evento caducado
Imaxe

A actividade proposta é unha competición de tipo Jeopardy, unha modalidade de CTF na que os participantes enfrontan unha serie de retos clasificados en diferentes categorías e niveis de dificultade. En lugar dun escenario baseado na simulación dunha contorna real onde os participantes deben penetrar sistemas (como nos CTF estilo "ataque e defensa"), o formato Jeopardy presenta desafíos  en forma de preguntas ou tarefas que os competidores deben resolver para obter puntos. Cada desafío superado outorga unha "bandeira" (flag), que se troca por puntos, e o obxectivo é acumular a maior cantidade de puntos posibles durante o tempo da competición.

As categorías que se abordarán durante a competencia poderán incluír, entre outras:

  • Criptografía e Esteganografía: esta sección enfocarase na arte e a ciencia de ocultar e descifrar información, retando aos participantes para romper códigos e detectar mensaxes ocultas dentro de diversos medios.
  • Exploiting: baixo esta categoría, os participantes terán que identificar e explotar vulnerabilidades tanto en aplicacións web como en binarios, poñendo en práctica a súa destreza no diagnóstico e aproveitamento de fallos de seguridade.
  • Forense: aquí, os competidores mergullaranse no mundo da investigación dixital, extraendo información valiosa de datos aparentemente inocuos ou comprometidos.
  • Enxeñaría Inversa: este reto convida aos participantes a desentrañar e analizar software, permitíndolles entender o seu funcionamento interno e, posiblemente, detectar vulnerabilidades ocultas.
  • Recoñecemento: nesta sección, os participantes deberán empregar técnicas de recompilación de información para identificar potenciais obxectivos ou vulnerabilidades en sistemas e redes.

Para garantir un rendemento óptimo e unha experiencia personalizada, solicitarase que cada participante traia o seu propio computador portátil.

Inscricións

Aquelas persoas interesadas deberán inscribirse na páxina web do evento a través do formulario habilitado.

Requisitos

Ser maior de idade.

Premios

Outorgarase un portátil MSI Thin GF63 12VE para o primeiro clasificado e un SDR HackRF One para o segundo clasificado.

Adicionalmente, sortearase un SDR HackRF One entre os asistentes.
 

Información relacionada