Espacio CIBERGalicia 2025

09:00 - 15:00

Cidade da Cultura de Galicia
Caducado
Imaxe

Os próximos 22 e 23 de outubro de 2025, a Cidade da Cultura de Galicia será o escenario do Espazo CIBERGalicia, un congreso organizado pola Cátedra de Economía da Ciberseguridade (CECOCIB) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración con INCIBE. O congreso contará con dúas xornadas:

  • Mércores, 22 de outubro: dirixidas a empresas, profesionais e talento mozo, con demostracións de startups, networking e sesións sobre emprendemento e innovación.

  • Xoves, 23 de outubro: centradas en institucións públicas, universidades e organismos do sector dixital, con presentacións de barómetros de ciberseguridade, resultados do Observatorio de Ciberseguridade e propostas normativas.