Experiencias STAND e ROAD SHOW de INCIBE

10:00 - 18:00

Experiencia STAND: Sala de eventos do Edificio Fontán
Experiencia ROAD SHOW: P1 – Cidade da Cultura de Galicia (inmediacións exteriores)
Caducado
Imaxe

Este ano, grazas á colaboración do Instituto Nacional de Ciberseguridade, o IV Encontro CIBER.gal acolle as experiencias STAND e Road Show do INCIBE. 

Durante os días 6, 7 e 8 de novembro, na Cidade da Cultura de Galicia estarán dispoñibles en horario de mañá é tarde.

 

Experiencia STAND

É un stand con actividades de concienciación e lúdicas, como os xogos da aplicación Cyberscouts. A ciberseguridade nunca estivo tan preto!

Albergará tamén as seguintes pílulas informativas:

  • Para o alumnado:
    • Contrasinais seguros
  • Para empresas:
    • Decálogo de ciberseguridade para empresas
  • Para ciudadanía en xeral:
    • Privacidade
    • Enxeñaría social
    • Mediación parental

Os horarios e turnos son de 30 minutos.

O aforo é de 24 persoas en cada turno.

A Experiencia Stand estará dispoñible durante os días 6, 7 e 8 de novembro na Sala de Eventos do Edificio Fontán, en horario de 10:00h a 14:00h, e de 15:30h a 18:00h.

Máis información sobre o stand: https://www.incibe.es/experiencia-incibe/stand

 

Experiencia ROAD SHOW

Camión desplegable para ensinar en materia de ciberseguridade a todas aquelas persoas que queiran achegarse a el e vivir a experiencia. Conta con dúas zonas (interior e exterior) con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas: escape room de ciberseguridade, xogos online, pílulas de ciberseguridade, cabina "Tu Ayuda en Ciberseguridade"... Desfruta mentres aprendes!

Os horarios e turnos son de 1hora. 

O aforo é de 30 personas para as actividades do interior do camión e 30 personas para as actividades do exterior do camión. 

A Experiencia Road Show estará dispoñible durante os días 6, 7 e 8 de novembro nas inmediacións exteriores do Edificio Fontán, no aparcamento P1 da Cidade da Cultura de Galicia, en horario de 10:00h a 14:00h, e de 15:30h a 18:00h.

Máis información sobre o Road Show: https://www.incibe.es/experiencia-incibe/roadshow

 

Para a asistencia de grupos ao stand e o road show  é preciso reservar horario. Deberase solicitar a reserva do horario da seguinte forma:

Enviando un correo a stand [at] incibe.es (stand[at]incibe[dot]es) e roadshow [at] incibe.es (roadshow[at]incibe[dot]es) ou chamando por teléfono a +34 665 46 47 85 y +34 919 053 163.

Haberá que indicar:

  • Persoa e nº de teléfono de contacto
  • Nome do grupo (colexio e curso, instituto, centro, asociación...)
  • Nº de persoas do grupo