Experiencias STAND e ROADSHOW de INCIBE

Todo o día

Experiencia STAND: Sala de eventos do Edificio Fontán
Experiencia ROAD SHOW: P1 - Cidade da Cultura de Galicia (proximidades exteriores)
Caducado
Imaxe

Unha edición mais, grazas á colaboración do Instituto Nacional de Ciberseguridade, o V Encontro CIBER.gal acolle as experiencias STAND e Road Show do INCIBE. 

Durante os días 5, 6 e 7 de novembro, na Cidade da Cultura de Galicia estarán dispoñibles en horario de mañá e tarde.

 

Experiencia STAND

É un stand con actividades de concienciación e lúdicas, como os xogos da aplicación Cyberscouts. A ciberseguridade nunca estivo tan preto!

Albergará tamén as seguintes pílulas informativas:

  • Para o alumnado:
    • Contrasinais seguras
  • Para empresas:
    • Decálogo de ciberseguridade para empresas
  • Para cidadanía en xeral:
    • Privacidade
    • Enxeñería social
    • Mediación parental

Os horarios e quendas son de 30 minutos.

O aforo é de 24 persoas en cada quenda.

A Experiencia Stand estará dispoñible os días 5, 6 e 7 de novembro na Sala de Eventos do Edificio Fontán, no mesmo horario do V Encontro CIBER.gal

Máis información sobre o Stand: https://www.incibe.es/experiencia-incibe/stand

 

Experiencia ROADSHOW

Camión despregable para ensinar en materia de ciberseguridade a todas aquelas persoas que queiran achegarse a el e vivir a experiencia. Conta con dúas zonas (interior e exterior) con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas: escape room de ciberseguridade, xogos en liña, pílulas de ciberseguridade, cabina "A túa Axuda en Ciberseguridade"... Goza mentres aprendes!

Os horarios e quendas son de 1 hora.


O aforo é de 30 persoas para as actividades do interior do camión e 30 persoas para as actividades do exterior do camión.

A Experiencia RoadShow estará dispoñible durante os días 5, 6 e 7 de novembro nas proximidades exteriores do Edificio Fontán, no aparcamento P1 da Cidade da Cultura de Galicia, no mesmo horario de o V Encontro CIBER.gal.

Máis información sobre o Road Show: https://www.incibe.es/experiencia-incibe/roadshow 

 
Para a asistencia de grupos ao Stand e o RoadShow é preciso reservar horario. Deberase solicitar a reserva do horario da seguinte forma:

  • Para os días 5 e 6 de novembro, enviando un correo a roadshow [at] incibe.es (roadshow[at]incibe[dot]es) (para calquera de ambas as experiencias) ou chamando por teléfono a +34 696 947 767 e +34 919 053 163.
  • Para o día 7 de novembro, enviando un correo a inscricions-encontrocibergal [at] xunta.gal (inscricions-encontrocibergal[at]xunta[dot]gal)

Haberá que indicar:

  • Persoa e teléfono de contacto
  • Nome do grupo (colexio e curso, instituto, centro, asociación, empresa...)
  • Número de persoas do grupo