16:00 - 19:00
O taller organízase en 3 actividades:
Actividade 1: Entendendo os conceptos tras a análise forense de imaxes (40 mins). Evolución dende os primeiros métodos baseados na análise de trazas características que quedan atrás despois da aplicación dun determinado procesado ata o uso de aprendizaxe máquina (a través de redes neurais) para detectar e localizar diferentes tipos de manipulacións.
Actividade 2: Como se realizan manipulacións? (55 mins): Exercicios guiados sobre como se realizan certas manipulacións en imaxes. Pódense usar aplicacións de software libre (como o GIMP) ou aplicacións dispoñibles a través da web (como Photopea ou Pixlr).
Actividade 3: Como detectar manipulacións? (55 minutos). Exercicios guiados sobre como detectar manipulacións con ferramentas dispoñibles online, por exemplo, con: Forensically e MeVer. Tempo libre para facer as súas propias manipulacións e ver se as ferramentas dispoñibles online son capaces de detectalas.
Actividade 4: A realidade da análise forense de imaxes. (30 mins) Presentación e discusión de casos reais e das ferramentas utilizadas.