12:25 - 14:25
Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuita e está dispoñible nesta ligazón:
Neste obradoiro utilizaremos técnicas e ferramentas de Análise Forense de Dispositivos Móbiles para resolver un caso ficticio de recualificación ilegal de terreos e suborno entre empresarios e políticos.
Primeiro, empregaremos a ferramenta Cellebrite Reader para unha análise preliminar dos tres dispositivos móbiles incautados: dous Android pertencentes a dous políticos e un iPhone dun empresario da construción, que ademais é presidente dun equipo de fútbol local.
A continuación, utilizaremos outras ferramentas para analizar as xeolocalizacións dos tres implicados, co fin de determinar os seus encontros.
Finalmente, empregaremos as ferramentas Apktool e Bytecode Viewer para descompilar e analizar un malware para Android localizado nun dos tres dispositivos.
Este obradoiro está dirixido a estudantes e profesorado do ciclo superior de FP ou do curso de especialización en ciberseguridade, do grao ou máster universitario en informática, membros das forzas e corpos de seguridade do estado, persoal técnico informático ou de telecomunicacións.
As persoas participantes deberán acudir cun portátil SO Windows 10 ou superior, con 8GB de RAM e 75GB de espazo libre (pode ser mediante máquina virtual de VirtualBox ou vmware), con máquina virtual Java instalada, ferramentas ApkTool e Bytecode Viewer instaladas.
É necesario dispoñer de coñecementos básicos de sistemas operativos
Días antes do obradoiro proporcionarase aos asistentes os materiais do caso para a súa descarga previa ao taller.
Obradoiro impartido por: