13:00 - 14:00
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Tecdesoft, empresa adherida a CIBER.gal, e a Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal.
A actividade consiste nunha charla introdutoria sobre ciberseguridade industrial e a directiva NIS2. O obxectivo da mesma é ofrecer unha visión xeral sobre como abordar a ciberseguridade en contornas industriais, destacando as diferenzas entre os mundos OT e IT, as principais ameazas e ciberataques que afectan os sistemas de control, as boas prácticas de xestión do risco baseadas na norma ISA/IEC 62443, e os aspectos máis relevantes da directiva NIS2 e o seu estado actual de implementación.
O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
O formato da actividade será EN LIÑA, cunha duración de 60 minutos.
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.