Sala de Actos - 2ª planta do Edif. Administrativo da Deputación de Pontevedra (Av. Montero Ríos s/n 36071 - Pontevedra). Retransmisión en liña.
A celebración da actividade persegue os seguintes obxectivos:
- Comprender a importancia da seguridade na creación de tendas online.
- Asociar a seguridade á continuidade do servizo.
- Repasar as ameazas mais frecuentes destes servizos.
- Revisar as bos prácticas e medidas de mitigación destas ameazas.
- Valorar a protección dos datos dos clientes.
- Entender os danos que poden causar os problemas de seguridade ao prestixio e confianza no negocio.
O desenvolvemento da sesión será o que segue:
- 09:55 - Recepción de asistentes
- 10:00 - Inicio da sesión a cargo de Santiago Balboa Cano
- 10:55 - Rolda de preguntas
- 11:00 - Fin da sesión