Xornada "Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro"

Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, Edificio Politécnico s/n, 32004 Ourense
Caducado
Imaxe

O nodo ciber.gal organiza para o vindeiro 13 de xuño na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense unha xornada sobre actualidade e tendencias en ciberseguridade.

A xornada é organizada polo Nodo CIBER.gal no marco do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, e colaboran de xeito activo na súa coorganización a propia Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). 

Os obxectivos da mesma son, por unha banda, dar a coñecer as iniciativas públicas galegas que apostan pola potenciación e mellora da ciberseguridade na nosa comunidade. E pola outra, achegar aos asistentes o forte atractivo deste sector para fomentar a creación de talento especializado, trasladarlle as oportunidades reais que supón especializarse neste eido e que poidan coñecer de primeira man o día a día dun profesional adicado á materia.

A inscripción é gratuíta e pódese facer desde esta ligazón.

Modalidade: Presencial e remota

 

Programa da xornada:

  • 10:00h - Benvida Institucional
  • 10:20h - Evolución e futuro do Nodo CIBER.gal

Adrián Lence, Director da Área de Infraestructuras e Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) 

  • 10:45h - Relatorio maxistral: Retos novos, retos vellos?

Román Ramírez, hacker e fundador de RootedCON

  • 11:20h - Café
  • 11:45h - Mesa redonda: Actualidade e futuro da profesión do CISO

Modera: Fernando Suárez, Presidente de Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)

Román Ramírez, Hacker e fundador de RootedCON

David González, CISO de COREN

Jesús Feliz, Xerente de Sectores Estratéxicos no Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE)

  • 12:15h - Obradoiros prácticos simultáneos (1,5h de duración)

Securización de datos de telemetría para domótica utilizando ESP8266

Miguel Díaz-Cacho Medina, Docente na Escola Superior de Enxeñeria Informática no Campus de Ourense

Smashing de Stack 25 anos despois

José Ramón Méndez Reboredo, Docente na Escola Superior de Enxeñeria Informática no Campus de Ourense

Extracción de credenciais en sistemas windows, con Forensics

Efrén Varón, Consultor en DLTCode & Correcta.

Análise dun servidor de correo electrónico e rastrexo de malware

Roberto Valente, Equipo @ Guardia Civil

  • 13:45h - Fin da xornada