12:00 - 13:50
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organiza, en colaboración co Consello Económico e Social de España (CES), a Xornada “CIBERSEGURIDADE: PROTECCIÓN DOS CIDADÁNS E CRECEMENTO ECONÓMICO”, que terá lugar o xoves 27 de novembro de 2025, ás 12:00, na Sede da CEG (Rúa do Vilar, 54, Santiago de Compostela). A Xornada pretende debater sobre a importancia da ciberseguridade, así como sobre os retos actuais nesta materia, con especial atención á protección cidadá e ao crecemento económico.
No marco da Xornada, na que participará tamén o Director de Amtega, Julián Cerviño Iglesia, entregarase aos asistentes o traballo de investigación que foi obxecto do XXII PREMIO DE INVESTIGACIÓN CES ESPAÑA “Gardiáns dixitais para un crecemento sostible: ciberseguridade e protección cidadá na era da transformación dixital”, elaborado por autores da USC e UVigo, co cal se pretende contribuír a crear en España un clima de interese sobre a importancia da ciberseguridade. No devandito traballo, realízase unha análise do sector e unha estimación para España do custo da ciberdelincuencia. Así mesmo, ponse de manifesto como o sector da ciberseguridade está a transformarse nunha actividade empresarial moi dinámica con forte capacidade de creación de emprego.