A intelixencia artificial loita contra si mesma

Amiga ou inimiga? A intelixencia artificial actúa xa en moitas accións da nosa vida cotiá, máis das que imaxinamos, apuntan os especialistas, pero non sempre co mesmo efecto. Pode ser unha arma que amplifique os ataques pero tamén un método para fortalecer os escudos.

No sector da seguridade informática teñen claro que, a día de hoxe, a IA está presente en moitos dos ciberataques que se producen cada día. A intelixencia artificial permite mellorar as agresións, fainas máis sofisticadas, máis personalizadas, máis cribles.