A Cátedra R en Ciberseguridade, creada en decembro de 2018 en colaboración coas Universidades de Vigo e da Coruña, organiza un ano máis os premios aos mellores traballos académicos e de investigación no ámbito da ciberseguridade.
Poderán concorrer ao premio os traballos de:
Fin de Grao (TFG), Fin de Máster (TFM) e Tese Doutoral: traballos desenvolvidos e defendidos durante os cursos académicos 2022-2023 e 2023-2024 nas Universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia e que non concursasen xa en previas convocatorias destes mesmos premios
Traballos de investigación e transferencia en colaboración coa empresa: traballos realizados por IP's baixo financiamento público específica deste tipo ou ben mediante contrato directo de colaboración entre a empresa e un equipo de investigación das Universidades públicas ou centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia, iniciados a partir do 1 de setembro de 2022
Establécese un total de 6 premios:
2 premios a TFG (400€ cada un)
2 premios a TFM (600€ cada un)
1 premio ao traballo de investigación da Tese Doutoral (800€)
1 premio ao traballo de investigación en colaboración coa empresa (800€)
A inscrición aos premios estará aberta ata o 11 de outubro de 2024. Unha vez valorados, serán entregados no marco do IV Encontro CIBER.gal, o día 7 de novembro en Santiago de Compostela, Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Fontán.
Información relacionada
Para máis información, consultar as seguintes ligazóns