No día de onte mantívose unha reunión tripartita entre Women4Cyber, PuntoGal e a Amtega, no contexto do Nodo CIBER.gal, para explorar posibilidades de colaboración no marco do Nodo Galego da Ciberseguridade CIBER.gal no futuro e a expansión dos traballos na perspectiva de xénero no ámbito da ciberseguridade en Galicia.
Á reunión asistiron Adrián Lence e Gustavo Herva, Director da Área de Infraestructuras e Ciberseguridade da Amtega e Xefe da Subárea de Ciberseguridade respectivamente; Eduvigis Ortiz, Presidenta e fundadora de Woman4Cyber Spain, e Edita de Lorenzo, secretaria da Xunta Directiva de PuntoGal.
Sobre Women4Cyber
Women4Cyber é unha iniciativa que traballa para axudar a encher a fenda de xénero entre as persoas profesionais da ciberseguridade en Europa. No seguimento deste obxectivo, o principal fin é animar e promover a capacitación e a recualificación de nenas e mulleres cara á educación e profesións de ciberseguridade.
Para máis información: Women4Cyber Spain.
Sobre PuntoGal
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. É entidade aherida ao Nodo CIBER.gal dende o 2022, e desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura.
Para máis información: Dominio PuntoGal.