Antonio Fernandes, hacker colaborador do Nodo CIBER.gal, participará nun dos proxectos filantrópicos de Google elaborando unha guía sobre ciberseguridade e intelixencia artificial

Imaxe

Antonio Fernandes, persoa física adherida ao Nodo CIBER.gal e hacker ético, foi seleccionado por Google.org para explorar, xunto co seu grupo de traballo, sobre a aplicación de IA na solución dun dos proxectos filantrópicos de Google.

En particular, Antonio Fernades e o seu grupo de traballo centraranse en entender como a intelixencia artificial afecta á ciberseguridade das empresas, analizando as ameazas máis relevantes e as posibles ferramentas de intelixencia artificial para defender os datos das empresas.

O obxectivo final será crear unha guía de ciberseguridade enfocada nas boas prácticas para asistir ás empresas na mellora da súa seguridade informática ante os ciberataques.

Ademais de Antonio Fernandes, outros dous profesionais de Galicia foron seleccionados para indagar sobre o futuro do emprego e a axuda a colectivos vulnerables no contexto do proxecto filantrópico de Google.

Información relacionada