Ana Fernández afirma que son moi altos os esforzos feitos a nivel institucional para concienciar á poboación en ciberseguridade. Así mesmo, destaca a importancia de que o cidadán saiba a quen dirixirse cando pasa algo e que, aínda que o que pase non sexa de moita gravidade, é moi importande denuncialo. A través das páxinas web dos distintos organismos pódense facer denuncias anónimas para que outros se vexan beneficiados, axudando así á sociedade.
Neste sentido, Ana Fernández indica que, a pesar de que a sociedade cada vez está máis concienciada en materia de ciberseguridade, un estudo realizado por ObservaCIBER en 2021, recolle que o 40% dos cidadáns ten hábitos de risco e sábeo.
En canto á ciberseguridade como campo laboral, afirma que a pesar de que hai moito talento, o problema é a captación. A nivel universitario existen problemas para captar vocacións STEM xa que os estudantes non perciben a enxeñaría como unha carreira atractiva. Neste sentido, afirma que tanto as administracións como as universidades están a facer o esforzo de captar talento neste sector e achegar a profesión aos máis novos.
Para ver a entrevista completa, presionar aquí e visualizar no minuto 09:59