#CiberseguridadeTVG – Calotes en Whatsapp

Imaxe

As estafas telemáticas seguen ocorrendo. A última delas é a coñecida como o "calote dos seis números" que afecta a Whatsapp e fai perder o control á vítima da súa conta na aplicación de mensaxería instantánea.

En primeiro lugar, os ciberdelincuentes conseguen facerse pasar por un contacto coñecido e coa escusa de borrar o noso número de teléfono solicítannos que lle reenviemos un código de verificación que chegará ao noso móbil. Con este código de verificación, os ciberdelincuentes conseguen ter o control total da conta de Whatsapp da vítima, tendo así acceso a contido persoal: desde mensaxes, contactos ata fotos.

Non é a única estafa deste estilo, e é que se une a unha lista extensa de intentos de engano dos ciberdelincuentes, que mediante mensaxes solicitan que accedamos a unha ligazón ou enviemos pagos co motivo de ser unha persoa próxima a nós que está nun apuro.

Os expertos, e especialmente a Policía, recomendan ante estes intentos de estafa: precaución, e sobre todo non enviar ningún tipo de códigos e/o contrasinais. Ademais, se se é vítima destas estafas, denunciar ás autoridades competentes e avisar aos contactos do noso móbil para que eles non sufran ningunha estafa adicional.

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 40:10.