En moitas ocasións, as persoas maiores son as máis vulnerable ante estafas relacionadas coa tecnoloxía ou o mundo dixital.
O último caso resolto desde o equipo de Investigación Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra ten que ver con iso, unha coidadora apoderouse da tarxeta bancaria da persoa maior que coidaba e realizou compras por internet.
Verónica Argibay Vilas, do equipo de Investigación Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, comenta que a dificultade para identificar estes fraudes é o uso de diferentes pasarelas de pago ou distintas direccións de entrega en compras en liña.
Este equipo, creouse no 2006 e na actualidade conta con 8 axentes que investigan delitos relacionados coas redes dixitais, como estafas bancarias ou extorsións.
Verónica Argibay Vilas recomenda sempre dubidar se nos chegan mensaxes con sentido de urxencia e solicítannos os nosos datos persoais con prontitude.
Para ver a noticia completa, acceder aquí e visualizar no minuto 17:21.