Os ciberdelincuentes publican en redes anuncios de supostas adopcións de animais e piden pagos polo seu transporte. Unha vez realizado o pago, esixen máis diñeiro para supostas xestións veterinarias, como vacinas, coa ameaza dunha denuncia por abandono.
O fraude utiliza os sentimentos e a ilusión das vítimas para poder conseguir o maior número de pagos posibles. Empregan fotografías das mascotas e coa escusa de non poder mantelas, danas en adopción coa única condición de que a vítima pague o transporte do animal.
Manuel Arias, voceiro da Comisaría de Lugo, comenta que se atopan ante un novo tipo de estafa, que ataca á sensibilidade da vítima, que se desprotexe ou baixa a garda.
Por parte da Sociedade Protectora de Animais de Lugo, o seu presidente, Alberto Losada, indica que, aínda que é habitual utilizar as redes sociais para este tipo de anuncio, nunca se solicitan anticipos de pagos deste estilo para a adopción das mascotas.
Para ver a noticia completa, acceder aquí e visualizar no minuto 15:23.