No contexto dun ciberataque ao Concello de Cangas, Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, comenta que moitas veces pénsase que estes ciberdelitos nunca ocorrerán preto de nós ou a nós mesmos pero estes ataques son indiscriminados e poden afectar a calquera persoa ou entidade pública ou privada.
Fernando Suárez continúa explicando que a ciberseguridade é tema de todos e non só dos departamentos técnicos. Por iso, é fundamental concienciar, formar e capacitar a toda a cidadanía e en especial aos empregados públicos para previr estes ataques.
A diario, hai centos de ataques ás administracións públicas, explica Fernando Suárez, e polo tanto é esencial reforzar esa seguridade, privacidade e protección ante ataques que poden lograr paralizar o día a día das entidades.
Indica Fernando Suárez sobre que os ciberataques baixaron en Galicia no último ano, que isto é produto de boas accións e colaboracións entre as administracións públicas e sector privado.
Por último, comenta Fernando Suárez unha serie de consellos sinxelos para evitar ser obxecto a título persoal dos ciberataques, por exemplo usar páxinas de pago confiables e de garantías, e evitar dar datos persoais mediante conexión a redes compartidas e públicas.
Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 19:19.