#CiberseguridadeTVG - Gustavo Suárez

Imaxe

Gustavo Suárez sinala que UNICEF, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio Xeral de Informáticos de España, fixo un estudo cunha mostra importante de estudantes de secundaria que "arroxa unha análise da sociedade sorprendente". 

Neste sentido, sinala que máis do 95% dos mozos españois ten un instumento informático conectado á rede, que o 90% se coneta todos os días e que o 30% pásase 5 horas diarias conectado. 

Sen dúbida, isto é unha realidade que hai que atender, xa que o acceso ás redes e a innovación tecnolóxica tamén constitúen un risco que tanto a sociedade, como os poderes públicos e as familias deben ter persente. 

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar a partir do minuto 8:05.