#CiberseguridadeTVG – III Encontro CIBER.gal

Imaxe

O Telexornal da TVG faise eco do III Encontro CIBER.gal, celebrado o pasado día 2 e 3 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago. O Encontro, entre outros obxectivos, busca difundir as boas prácticas na rede para evitar estafas, ciberacoso,  e outros ciberdelitos.

Resáltase a participación de máis de 6000 escolares no concurso “Ciberseguridade non cole!” para aprender a protexerse de ciberataques, onde no Encontro disputouse a final do mesmo.

Os ataques de piratas na rede aumentaron, en particular, un 600% en comparación ao ano pasado dos ataques de negación de servizo, afirma Adrián Lence, Director de Infraestruturas e Ciberseguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Para iso, desde a Xunta de Galicia, a través da propia Amtega, investiuse en ferramentas que eviten estes ataques.

Para ver a noticia completa, acceder aquí e visualizar no minuto 42:56.