#CiberseguridadeTVG - Inés Amor

Imaxe

As rebaixas disparan as estafas a través da rede, sobre todo con xente que compra en liña por primeira vez. 

Inés Amor expuxo como os ciberdelincuentes aproveitan estas rebaixas para aumentar a súa actividade delituosa, empregando os nomes e datos de páxinas legais co fin de enganar aos usuarios.

Comentou que o máis común é a suplantación de páxinas de tendas ou negocios que pecharon, facéndose pasar por elas. 

Para identificar este tipo de fraude, Inés aconsellou, entre outros:

  • Dedicar uns minutos antes de facer unha compra

  • Revisar opinións doutros usuarios

  • Introducir o nome da páxina noutras webs que se dedican a calificar a veracidade das mesmas

  • Non acceder nunca ás ligazóns recibidas por redes sociais ou outro tipo de empresas de mensaxería

  • Desconfiar das páxinas multimarca ou tipo "oulet" con produtos a prezos especialmente baixos

Por último, tamén sinalou a necesidade e importancia de denunciar este tipo de páxinas e intento de delito, para que os órganos pertinentes coñezan a existencia das mesmas.

Para ver a entrevista completa, presionar aquí e visualizar no minuto 33:24.