Cada vez son máis os ciberdelitos de usurpación de identidade.
Na primeira parte desta entrevista, Inés Amor expuxo o caso dunha nova vítima de roubo de identidade a través das redes sociais. A moza usou o móbil dun amigo para entrar nos seus perfís sociais e este aproveitou para vincular a conta ao seu teléfono e posteriormente usurparlle a identidade para fins comerciais.
A portavoz da Policía Nacional insistiu na importancia de coidar tanto as imaxes que se difunden en redes como as que se envían a coñecidos, posto que se descoñece o seu posible uso por parte de terceiras persoas.
Para rematar, Inés Amor advertiu doutro ciberdelito moi común na actualidade, onde o delincuente ofrece servizos falsos para enganar á vítima e acceder ao seu ordenador co fin de conseguir todo tipo de información.
Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 22:02.