#CiberseguridadeTVG – Inés Amor

Imaxe

Inés Amor, portavoz da Policía Nacional, indica que a maioría das mensaxes que recibimos solicitando pagos son estafas. Para poder identificalos, debemos fixarnos en que normalmente os estafadores teñen urxencia, e ademais son insistentes suplantando a identidade de persoas próximas.

Desde a Policía Nacional, advirte das estafas que se enfocan na usurpación de identidade dos fillos, solicitando de maneira rápida algún tipo de pago para emendar unha débeda e coincidindo co dano do móbil do fillo e insistindo en non realizar chamadas, só mensaxería.

Neste sentido, Inés Amor recomenda que o mellor é dubidar, e chamar directamente ao fillo ou filla en cuestión. En caso de non poder contactar con eles porque non están dispoñibles, chamar entón á Policía Nacional, ao 091.

Así mesmo, a voceira da Policía Nacional comenta que a maioría destes ciberdelincuentes atópanse en terceiros países fóra da Unión Europea, e que funcionan ademais como empresas de call center, destinadas a este tipo de accións delituosas.

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 05:32.