CiberseguridadeTVG – Inés Amor

Imaxe

Existe unha nova estafa mediante Whatsapp que consiste en solicitar os seis díxitos do código de verificación que se reciben por SMS para facerse co control da conta da vítima.

Inés Amor, portavoz da Policía, informa que este código de verificación funciona para ter a posibilidade de posuír a nosa conta de Whatsapp vinculada a máis dun dispositivo móbil, e que como o seu nome indica, ten a función de verificar que realmente é o dono da conta quen quere duplicar a mesma noutro dispositivo.

Pola súa banda, a ciberestafa consiste, comenta Inés Amor, en solicitar mediante enxeñaría social o devandito código de verificación para rexistrar a conta de Whatsapp da vítima nun dispositivo alleo a ela. Deste xeito, os ciberestafadores conseguen facerse pasar por un coñecido que precisa eses seis díxitos e así ter acceso total ás mensaxes, fotos, contactos e infinita información persoal da vítima.

A portavoz da Policía recomenda sospeitar de todas as mensaxes que recibimos sen solicitalas e que calquera solicitude deste estilo debemos ignorala e, en todo caso, comprobar mediante chamada telefónica que realmente estamos a falar coa persoa correcta. Ademais, en caso de ser vítima, acudir sempre á Policía a denuciar os feitos para que se poida á súa vez cortar a cadea de estafas.

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 20:18.