José Torres, experto da Garda Civil, explica que é importante coñecer que as entidades bancarias nunca se poñerán en contacto contigo mediante as mensaxes do estilo phishing nin pedirán os teus contrasinais por estes medios.
Ademais, comenta que, ante a dúbida, é mellor non contestar estas mensaxes e poñerse en contacto polos medios oficiais coa entidade bancaria para verificar a mensaxe.
Durante a entrevista, José Torres, continúa indicando que na maioría dos casos de extorsión non se denuncian por vergoña, aínda que é moi importante facelo. Así, tamén comenta que nestes casos os estafadores adoitan mentir acerca da tenencia de contido explícito ou persoal da vítima, pero aprovéitanse do pánico e tentan proporcionar o sentido de urxencia á persoa afectada.
O experto da Garda Civil explica que para denunciar pódese acudir fisicamente a calquera comandancia da Garda Civil, onde sempre haberá un servizo de investigación tecnolóxica. Así na páxina web tamén pode informarse ou poñer unha denuncia directamente.
Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 11:12.