A Policía Nacional en colaboración cunha empresa de telefonía ofrece coñecementos ás persoas maiores para que poidan facer xestións no mundo dixital de forma segura.
Inés Amor, voceira da Policía Nacional, comenta que a tecnoloxía e internet permítennos acceder a compras, xestións con empresas ou administracións públicas, a coñecer persoas, entre outras moitas actividades, pero débense coñecer as ferramentas que nos permitan facelo de forma segura, sen caer en estafas ou fraudes.
A estafa máis común, comenta Alberto Arias, inspector da Policía Nacional, é o phishing, que son mensaxes que nos dirixen a ligazóns e páxinas webs fraudulentas.
Ante a dúbida, recoméndase sempre desconfiar de mensaxes de remitentes descoñecidos ou que conteñan ofertas tentadoras.
Para ver a noticia completa, acceder aquí e visualizar no minuto 25:34.