#CiberseguridadeTVG – Suplantación de identidade en Whatsapp

Imaxe

Existe unha nova estafa que circula a través de Whatsapp. Nesta ocasión viuse afectado o Alcalde de Barbadás, a quen lle piratearon a súa conta da devandita aplicación de mensaxería instantánea co fin de enganar aos seus contactos.

Os ciberdelincuentes enviaron máis de 200 mensaxes suplantando a identidade da vítima, neste caso, do Alcalde, co motivo de solicitar transferencias de diñeiro.
Ata oito persoas foron vítimas desta estafa e accederon ao envío de cartos aos ciberdelincuentes, crendo que lle facían un favor ao Alcalde. Algúns puideron recuperar o diñeiro enviado.

A estafa realizouse mediante un contacto do Alcalde, que á súa vez tiña intervido o móbil polos mesmos ciberdelincuentes, e mediante a solicitude dos códigos de verificación de Whatssapp, fixéronse co acceso á conta da vítima.

A Garda Civil xa está a investigar quen está detrás da estafa.

Para ver a noticia completa, acceder aquí e visualizar no minuto 38:25.