O Clúster TIC Galicia pon a dispor da cidadanía e profesionais do sector varios cursos de ciberseguridade de carácter gratuíto. O obxectivo destas formación é mellorar as competencias profesionais mediante o apoio continuo de docentes e titores especializados no ámbito da ciberseguridade.
O obxectivo deste curso é proporcionar capacidades para avaliar a seguridade dos sistemas informáticos co fin de identificar vulnerabilidades e riscos de seguridade e mellorar a capacidade de detección e resposta ante un incidente de ciberseguridade mediante a análise dos diferentes elementos/artefactos existentes nos sistemas implicados. Ademais, os alumnos/as comprenderán a importancia dos sistemas de decepción e honeypots como elementos de securización nas infraestruturas actuais, así como aprender a facer despregue dos mesmos.
Podes consultar máis información e acceder á inscripción neste enlace.
Bootcamp Ciberseguridade en ERPs y GRC
O obxectivo deste curso é mellorar as competencias e habilidades dos asistentes como futuros Consultores/as de sistemas ERP, tomando SAP como referencia, e chegando a ser expertos/as en sistemas SAP GRC (Governance, Risk Management & Compliance). Os alumnos/as coñecerán de primeira man cales son as mellores prácticas en seguridade para garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade, rastrexabilidade e autenticidade da información que se manexa neste tipo de sistemas.
Podes consultar máis información e acceder á inscripción neste enlace.