O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) vén de abrir o prazo para presentar solicitudes á convocatoria Empresa Cibersegura 2025, un programa dotado con 1,5 millóns de euros destinado a impulsar a mellora da preparación dixital fronte ás ameazas cibernéticas nas empresas galegas.
As solicitudes poderán presentarse a partir do sexto día hábil seguinte á publicación da resolución de homologación de provedores no DOG, e o prazo permanecerá aberto ata o 10 de decembro ás 14 h, salvo esgotamento previo do crédito dispoñible.
Poderán acollerse ás axudas as empresas galegas que contraten servizos con provedores homologados polo Igape, conforme ás bases reguladoras do programa.
O programa conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros distribuído en dúas anualidades:
As contías poderán ampliarse segundo a dispoñibilidade orzamentaria.
O prazo máximo para resolver e notificar é de 40 días naturais desde a presentación da solicitude. De non recibir resolución expresa, as solicitudes entenderanse desestimadas por silencio administrativo.
Os gastos subvencionables poderán executarse ata o 30 de novembro de 2026. As solicitudes de cobramento deberán presentarse a través do provedor homologado ata esa mesma data. Ademais, poderán presentarse solicitudes parciais: