O vindeiro xoves 7 de marzo celebrarase unha Xornada sobre a Directiva NIS2 “Ciberseguridade Industrial, implicacións para OEMs e clientes finais” na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo no seu Campus de As Lagoas-Marcosende (Vigo).
Na xornada, que conta coa colaboración de Siemens, participarán Miguel Díaz-Cacho, profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, e Juan Carlos Pozas, manager de comunicacións industriais e ciberseguridade industrial en Siemens.
O evento dará comezo ás 10:00h. e seguirá o seguinte programa:
10:00h – Ciberseguridade na industria. Introdución
10:15h – A nova directiva NIS2. IEC 62443, estándar para a ciberseguridade industrial
11:15h – Pausa para café e networking
11:45h – Un modelo de referencia para OT
13:00h – Coloquio