Imaxe

Minuto 23 ao 27. No programa de hoxe de Lambóns Dixitais, Javier Mosquera volveu achegarnos a clave de actualidade no seu espazo de ciberseguridade. Con motivo da febre polo vindeiro eclipse solar, Mosquera advertiu dos perigos dixitais que medran á sombra deste tipo de eventos masivos, onde os ciberdelincuentes aproveitan calquera descoido para facer o seu propio "agosto".

Segundo explicou o colaborador, un dos riscos principais estes días é a proliferación de dominios e páxinas web que intentan imitar a portales oficiais (como os da Xunta) ou a medios de comunicación. A xente, coa présa por saber como e onde ver o eclipse, tende a pulsar no primeiro enlace que atopan ben posicionado.

Javier alertou sobre dous ganchos moi frecuentes:

  • Enlaces acurtados ou estraños por SMS: Correos e mensaxes que din "mira como velo desde a túa casa" e que levan a instalacións de malware para learlle os datos ao usuario ou acceder á súa localización.
  • Venda de lentes non homologadas: Un negocio redondo en liña onde se venden produtos sen garantías de seguridade a prezos inflados aproveitando o pánico da última hora.

O consello de Mosquera nesta materia foi directo e sinxelo: nada de entrar por enlaces recibidos nin URLs longas ou estrañas. O mellor é teclear a web directamente no navegador e comprobar a contorna antes de facilitar calquera dato.

Aparte do fenómeno do eclipse, Javier Mosquera puxo o foco nunha alerta crítica que afecta a millóns de webs baseadas en WordPress. Tratase dunha vulnerabilidade tan grave que o propio sistema forzou actualizacións automáticas para evitar que os atacantes poidan executar código remoto e tomar o control dos servidores.

Aproveitando estes fallos, os ciberdelincuentes están capturando bases de datos de clientes para realizar estafas moi elaboradas. O especialista ilustrouno cun caso real no sector turístico: a vítima recibe un correo ou notificación coos datos exactos da súa reserva (datas, nome, hotel) onde se lle pide "confirmar un par de datos" ou facer un pago pendente a través dunha ligazón falsa. Un engano no que é moi fácil caer se te pilla desprevido.

Información relacionada