Fundación Telefónica ofrece formación en ciberseguridade a través de 5 cursos gratuítos

Imaxe

Telefónica, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, lanza unha formación gratuíta en Ciberseguridade a través da súa Fundación Telefónica. A formación consta de 5 cursos destinados a impulsar a empregabilidade a través da capacitación dixital.

Cada un dos 5 cursos abarcará desde un nivel básico hasta un nivel avanzado, permitindo así unha adquisición gradual de coñecementos. O primeiro dos cursos, “Introdución á Seguridade da Información”, xa está dispoñible de forma gratuíta ata o 03/05/2024 na plataforma de formación en liña da Fundación Telefónica, Conecta Empleo

Este primeiro curso, de 30 horas foi desenvolvido por expertos en ciberseguridade de Telefónica Tech e está destinado a persoas sen coñecementos previos en ciberseguridade co obxectivo de aprender fundamentos básicos en protección de datos persoais e en seguridade da información, así como as súas principais ameazas e recomendacións para o día a día.