Galicia acollerá presencialmente a iniciativa "Experiencia Incibe" nos meses de novembro e decembro

Imaxe

ExperienciaINCIBE é un conxunto de experiencias itinerantes que percorrerán a xeografía española co fin de sensibilizar, concienciar, educar, promover e divulgar a ciberseguridade entre todos os usuarios (cidadanía, pemes, menores, pais e nais e educadores).

As principais actividades enmarcadas na iniciativa son un roadshow con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas, tales como un escape room de ciberseguridade, xogos en liña ou pílulas de ciberseguridade; e un stand con múltiples configuracións para adaptarse a calquera tipo de evento ou feira, con actividades de concienciación e lúdicas.

Roadshow: consta de dúas zonas:

  • Unha área interior cunha sala de escape room onde haberá que esforzarse en equipo para resolver problemas de ciberseguridade, unha zona de gamificación para aprender de maneira divertida con distintos mini xogos, e unha zona expositiva na que se desenvolverán de forma sinxela e áxil diversos contidos sobre ciberseguridade
  • Unha área exterior con xogos de mesa e posibilidade de realizar consultas ao servizo A túa Axuda en Ciberseguridade de INCIBE
  • Más información nas súas bases legais
  • Os axentes interesados en promover a experiencia roadshow nas localidades deben dirixirse a roadshow [at] incibe.es (roadshow[at]incibe[dot]es) e remitir a solicitude

Experiencia stand: que levan a concienciación en ciberseguridade por feiras e eventos de todo o territorio nacional, con posibilidade de adaptar o seu tamaño ao espazo dispoñible. Conta con 3 zonas:

  • Zona informativa
  • Zona demostrativa e de capacitación
  • Zona de gamificación
  • Máis información nas súas bases legais
  • Os axentes interesados en contar co stand experiencial, deben remitir a súa solicitude a stand [at] incibe.es (stand[at]incibe[dot]es)

En Galicia, tanto o Roadshow como a caseta estarán presencialmente en:

  • Caseta: 
    • 28, 29 e 30 de novembro en Sedexpo, Silleda
    • 9 e 10 de decembro na Deputación de Lugo
    • 14 e 15 de decembro no Teatro Auditorio, Ourense
       
  • Roadshow:
    • 23, 24 e 25 de novembro nos Xardíns do Posío, Ourense
    • Do 28 de novembro ao 30 de novembro na Avenida Recinto Feiral, Silleda (Pontevedra)
    • 7, 8, 9 e 10 de diciembre na chaira do Parrote, A Coruña
    • 14, 15, 16 e 17 de decembro na Praza dos Escolapios, Monforte de Lemos (Lugo)

Información relacionada