INCIBE coorganiza “Access-2-Market”, un novo evento para promover o networking entre empresas de ciberseguridade

Imaxe

INCIBE, socia fundadora do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, coorganiza co Centro Europeo de Competencias en Ciberseguridade (ECCC) un novo evento de matchmaking “Access-2-Market” o próximo 23 de maio de 10.00h ás 14.00h no Hacking Village do Congreso de Ciberseguridade de Barcelona (Pavillón 1, de Fira Gran Via Barcelona).

Ademais, na organización do evento participa Women4Cyber, a Axencia de Ciberseguridade de Cataluña e a Alianza Dixital de Cataluña (DCA).

O “Access-2-Market” busca impulsar a creación de redes de colaboración entre CISOs, líderes corporativos e provedores de ciberseguridade, promovendo un escenario real para que empresas seleccionadas presenten as súas solucións a un público de compradores potenciais.

Por iso, se desexas participar no evento para dar a coñecer as solucións da túa empresa debes rexistrarte no evento e preparar unha presentación (de 13 diapositivas) que será avaliada por un xurado para seleccionar aquelas empresas que mostrarán as súas solucións o día do evento. O prazo de presentación finaliza o 26 de abril.

Así mesmo, se desexas asistir, debes inscribirte na seguinte ligazón: https://ciberseguretat.gencat.cat/en/Activitats/access-2-market/ 
 

Información relacionada