Informe sobre os factores críticos na xeración de estrés dos CISOs e como evitalos

Imaxe

ISMS Forum, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, e Advens realizaron un estudo sobre o estrés dos profesionais da seguridade da información, máis concretamente, sobre o posto de responsable de seguridade (CISO) por ser esta figura o máximo responsable dentro dunha organización.

O informe, Factores críticos na xeración de estrés dos CISOs e como evitalos, realizouse durante os primeiros meses do ano 2023, despois de ver que as estatísticas do número de ataques sufridos por empresas españolas seguía crecendo ano tras ano e que, esta circunstancia unida á presión interna na propia empresa e dos medios, podía influír na percepción do estrés dos profesionais que se dedican á ciberseguridade.

Podes leer o informe na seguinte ligazón.