ISMS Forum liderou unha iniciativa que busca axudar a xestionar a ciberseguridade dunha PEME

Imaxe

ISMS Forum, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, liderou unha iniciativa que busca axudar a xestionar a ciberseguridade dunha PEME.

A iniciativa, na que tamén colaboraron outras empresas galegas do sector, consistiu nunha Guía para a xestión da ciberseguridade na contorna industrial dunha PEME, un documento que ofrece un punto de partida para todo o que desexe xestionar de maneira eficiente a ciberseguridade dunha empresa.

Así, mediante un enfoque didáctico e práctico, a guía afonda en cada capítulo en diferentes elementos de ciberseguridade e, ao mesmo tempo, nalgúns casos engade un apartado de Aplicación Práctica que desenvolve os contidos aplicados a unha empresa.

Podes consultar a guía na seguinte ligazón.