O ISMS Forum, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza o próximo 11 de abril, no Auditorio de Abanca en Vigo, o V Foro Rexional ISMS Forum Galicia.
O evento, que transcorrerá entre as 09:15 e as 14:00h., contará coa participación de profesionais e expertos nacionais e internacionais que abordarán entre outros temas a xestión de riscos, a intelixencia artificial e os seus retos e oportunidades para a ciberseguridade.
En particular, a Amtega participará no evento a través da relatorio “Transformación dixital 2.0: retos da IA para a ciberseguridade e o cumprimento normativo” a cargo de Adrián Lence, Director da área de Infraestruturas e Seguridade.
Así mesmo, no Foro tamén participarán diversas entidades adheridas ao Nodo como Abanca, Coren, CPEIG, Microsoft, e, adherido en nome propio, Antonio Fernandes.
O programa do V Foro Rexional ISMS Forum Galicia é o seguinte:
09:15 | Benvida
Roberto Baratta, Director de Prevención de Perdas, Continuidade do Negocio e Seguridade, e DPO, Abanca; Membro do Consello, ISMS Forum.
09:25 | Transformación dixital 2.0: retos da IA para a ciberseguridade e o cumprimento normativo
Adrián Lence, Director da Área de Infraestruturas e Seguridade, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
09:50 | Entrevista
10:15 | Xen AI: Actores e Campañas Clave
10:35 | Coffee Break
11:00 | Presentación do Grupo de Intelixencia Artificial de ISMS Forum
Francisco Lázaro, CISO & DPO, Renfe; Co-Director do Grupo de Intelixencia Artificial & Membro do Consello, ISMS Forum.
11:25 | O CISO á fronte da IA: entre Riscos e Oportunidades
Eric Lle Doucen, Southern Europe Regional Sales Manager, Corelight.
Roberto Heker, Director, NextVision.
Jorge Prado, Xefe de Servizo, Sergas.
Modera: David González, CISO, Coren; Membro do Consello, ISMS Forum Galicia.
12:05 | Ciberseguridade e IA no Despregamento de Ferramentas Corporativas
Jorge Blanco, Director, Office of the CISO, Iberia & LatAM, Google.
Fernando Rubio, Azure Technical Specialist Manager, Microsoft.
Modera: Roberto Baratta, Director of Loss Prevention, Business Continuity and Security, and DPO, Abanca; Board member, ISMS Forum.
12:35 | Fraude Dixital
Carlos Pérez, CISO, Abanca.
Federico Teti, Principal Strategist, Zscaler.
Modera: Fernando Suárez, Presidente, CPEIG; Membro do Consello, ISMS Forum Galicia.
13:15 | Hack On AI
Antonio Fernandes, CISO, Finsa; Membro do Consello, ISMS Forum Galicia.
13:40 | Ciber Inseguridade
Daniel García, Managing Director, ISMS Forum.
14:00 | Cocktail
Para máis información sobre o programa e o proceso de inscrición, consulte a seguinte ligazón: V Foro Rexional de ISMS Forum Galicia.